_
_
_
_
_
Luces

A idea de '36/75'

No ámbito da creación audiovisual, a paralaxe en termos de memoria histórica é máis visible que na produción historiográfica. Só desde 2006, abrollaron máis de 20 traballos relacionados coa fenda da guerra e do franquismo -á espera de cómo se desenvolva o Plan Rosebud de María Ruido, que xa ía pola Transición- este ano aínda non se publicitaron producións neste sentido. O máis sintético, 36/75. Xurxo Chirro quixo facer crítica "da mirada mediadora, da memoria instrumentalizada".

Fíxoo a través de 36 planos de 75 segundos cada un. Para posicionarse no presente respecto do pasado, falan os lugares de A Guarda que foron lugares da represión en 1936. Desde o campo de concentración no colexio dos xesuitas ata o Castelo de Santa Cruz ou o cuartel da Garda Civil. O que sucedeu só se completa a través de rótulos informativos. Chirro quixo poñer "a Historia diante do espectador, sen informantes, narrativa nin artificios, o escenario histórico en presente".

Crítico cun certo "dramatismo panfletario", a Chirro gustaríalle que houbese moitos 36/75 por puro sentido divulgativo. Recorda o último visionado público, aínda na Casa das Atochas: "A xente saíu dalí sentindo terror".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_