_
_
_
_
_
Luces

O Centro Piñeiro edita prosas inéditas de Uxío Novoneyra

A practicamente un mes do Día das Letras Galegas, a tradicional colleita bibliográfica arredor do autor homenaxeado xa é abondosa. Sobre o poeta Uxío Novoneyra (O Courel, 1930 - Santiago, 1999) apareceron biografías -a novelada de Antón Lopo, A distancia do lobo, entre as máis salientábeis- ou estudios -Novoneyra revisitado, de Xosé Lois García. E aínda faltan por comparecer anunciadas reedicións e antoloxías da súa obra.

Pórén, unha das contribucións máis substanciosas está na rúa dende hai dous meses: A casa! o val! a patria homilde!. Celebración de Uxío Novoneyra (1930-1960). Editado polo centro Ramón Piñeiro, dependente de Política Lingüística, o volume recolle unha "miscelánea" de textos de variado xorne e procedencia. Fragmentos biográficos, prosas poéticas, bocexos de autopoética, facsímiles caligráficos ou mostras epistolares forman un libro do que se responsabilizan Luís Alonso Grigado, Alexandra Cillero e Élida Abal. A escrita de Novoneyra publícase ao coidado da filóloga Iris Cochón e do amigo do poeta Luís Cochón, quen achegou boa parte dos materiais inéditos ou espallados.

Fóra dos cinco poemas descoñecidos e das cartas con correspondetes como Valente, Díaz Castro, Cuña Novás ou Carlos Maside, é o apartado de prosa o máis nutrido de anacos non rexistrados antes do traballo de Novoneyra. De introducións a recitais, moitos deles para escolares, a intervencións en convocatorias sindicais ou en homenaxes -a Pablo Neruda en Ferrol, a Celso Emilio en Madrid ou Caracas-, A casa! o val!... consigna medio cento de prosas.

Nun último epígrafe, os editores xuntan cinco autopoéticas éditas pero aprisionadas en publicacións periódicas. Para Escrita, a antiga revista da Asociación de Escritores, Novoneyra explicábase: "Pra min, a poesía é unha forma de entusiasmo, unha forma de responsabilidade".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_