_
_
_
_
_
Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Manifesto afirmativo

Lin con interese o Terceiro esbozo para un manifesto do afirmacionismo, de Alain Badiou, pero non quedei moi convencido das súas propostas contra a arte posmoderna, porque non estou seguro de que podamos safarnos "dun influxo caprichoso e ilimitado da particularidade", nin do particularismo comunitario (étnico, lingüístico, relixioso ou sexual) nin do biográfico que se expresa através do Eu. Fico, aí iso si, agradecido a Emilio Araúxo, quen publicou o texto de Alain Badiou co entusiasmo que gasta en tantas rarezas editoriais. O caso é que tal lectura induciume a ensaiar pola miña conta e risco o xénero do manifesto. Así pois, proclamarei algunhas sentenzas:

1) Afirmo que un escritor nunca pode aceptar un premio sen dotación económica, agás que o reciba de maos dunhos amigos indixentes.

A Xunta non existe como institución, senón como alpendre que dispensa favores arbitrariamente
Más información
O derradeiro patriarca

2) Afirmo que non ten ningún mérito rexeitar un premio que baixe dos dous millós das antigas pesetas.

3) Afirmo que unha Administración que obsequie aos literatos cun diploma estaos tomando por miocas arrastradas. Lembro que, sendo meniño de escola, a Deputación de Ourense concedeume un galardón pra "niños buenos estudiantes" e o seu presidente (o marqués de Altagracia) fíxome entrega dun diploma acreditativo, dun libro que versaba sobre a mellora da raza rubia galega nas granxas do Estado e de 2.500 pesetas. Esa cantidade equivalía ao soldo mínimo semanal da época. Aínda sendo pobre e cativo, non me tería conformado co diploma, apesar de que por entón escaseaba o papel hixiénico. Un amigo meu de Gustei, coñecido pola nomeada de Corresponsal malia chamarse Plácido, declarouse obxector fiscal cando os funcionarios do Concello lle presentaron un documento de cobro de moi pouca prosapia. O Corresponsal, que se cría merecente dun trato máis solemne, espetoulles: "Pero isto é un papel oficial ou unha verza das que eu lles boto ás galiñas?". Un escritor non é unha verza e non pode apañar un diploma do conselleiro Varela se ten un algo de sangue.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

4) Afirmo que a índole moral dun acto pode cuantificarse ás veces en diñeiro contante e soante, como o demostrou certo funcionario inglés na India colonial cando, pra preservar a honra, enviou un telegrama ao Foreign Office solicitando que o relevasen antes de que a suma dos subornos con que o tentaban alcanzase cifras que non podería refugar. Neste sentido, un autor de moral acrisolada non se rebaixaría aceptando un premio de simbólica cuantía se llo concedese un ministro de Cultura parecido a André Malraux; pero, se llo outorga un gobernante que sitúa Huelva no Mediterráneo, o lugar de nacemento do malacitano Pablo Picasso en Cataluña e a carpintería de ribeira en Santa Uxía de Ribeira, daquela quedará como un marrao de San Antonio a menos que o premio ascenda a varios quilos.

5) Afirmo que as sentenzas anteriores só se poden aplicar ao literato e non a outra categoría de artista, porque pintores, escultores e arquitectos levan toda a vida traballando prá Igrexa, pró poder civil e os epulós da economía. Ao escritor nunca lle encargarán un poema pra estampar no gardanapo do Papa en visita a Santiago, outramente ao artista plástico pagaranlle unha millonada por confeccionarlle un altar. O corazón do escritor sangra vendo ao colega doutra disciplina artística así tan escravizado, como puta por rastrojo.

6) Afirmo que tampouco se pode censurar ao editor ou empresario cultural por facerlle as beiras aos donos da vara e da besta, xa que precisa das subvenciós pra publicar os nosos libros. Ningún fillo ben nado lle reprochará a unha nai que se humille ou luxe pra poder crialo. Escusado é que se xustifique aducindo o carácter institucional dos premios, ben sabemos que habería represalias que pagariamos todos en caso de ofender aos empoleirados no Goberno. De por parte, a Xunta non existe como institución e si como alpendre que dispensa favores arbitrariamente, a falar verdade talvez nin sequera exista Galiza, de crermos a Baltar xúnior: "Galicia é unha entelequia, ao final abres a porta da casa e a quen encontras é ao viciño". Xa mo ten dito meu pai: "Non hai pobo, o que hai son fulanos". A señora Thatcher, menos atrevida, sentenciou: "Non hai sociedade, unicamente existe a patria e a familia". A direita galega adaptou ese lema á nosa idiosincrasia: "Só existe o patrimonio familiar". Por iso é unha faltada que entreguen un título sen soltar a pita.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_