_
_
_
_
_
Análisis:Luces
Análisis
Exposición didáctica de ideas, conjeturas o hipótesis, a partir de unos hechos de actualidad comprobados —no necesariamente del día— que se reflejan en el propio texto. Excluye los juicios de valor y se aproxima más al género de opinión, pero se diferencia de él en que no juzga ni pronostica, sino que sólo formula hipótesis, ofrece explicaciones argumentadas y pone en relación datos dispersos

Fragmentos (novos) dun discurso amoroso

Desque ollei, pola primeira vez, fragmentos de Galicia, un filme que no seu feitío inacabado tráenos o signo tráxico dunha época canda a utopía do real como nova cultura do cinema, pasei a ter consciencia da posición dalgúns analistas sobre a importancia que acollen os sinais nas imaxes que lembramos de determinadas fitas. E para min Galicia era, singularmente, o modo de filmar o corpo das mulleres para alén dos fondos activos á maneira dun Epstein. E o grande primeiro plano como "alma do cinema", seguindo a consigna deste mesmo autor quen, no ciclo bretón, fai unha película, FinisTerrae, que leva un nome que coincide co do título primixenio de Velo: Finis Terrae Galicia.

A materialización do goce de filmar impregna con tal intensidade cada secuencia de Galicia que a súa pegada fíxome iniciar unha paseata, tamén inacabada, pola forma dos seus materiais. Así, no proceso de esculca do que adoito chamamos sinatura, é dicir, na procura de cómo Velo pensaba o cinema, da súa marca autoral, fóiseme revelando nesa peza pequena e inmensa a anticipación de figuras fílmicas propias do cinema moderno. Entre elas a espera, que crea un espazo para a posibilidade de que a vida se precipite dentro da película como acontece coa muller cun cesto na cabeza que, en sendo dirixida, ceiba unha gargallada imprevista cara a cámara, cara o home da cámara e cara o espectador. Ou os primeiros planos de obxectos e suxeitos que expresan ese latexo elemental do paso pola máquina de visión e unha actitude a prol da imaxe de si propios inserida na imaxe comunal. No ronsel da cultura republicana, laica e igualitaria, unha nova clase social, o campesiñado de Galicia, tiña por fin rostro no cinema.

Más información
Os enigmas de 'Galicia'

Agora, coa recente aparición de novos fragmentos de Galicia, a fasquía da fita pódese completar vis a vis a intentio autoris que consta en diferentes fontes, e con ela una páxina sobranceira do cinema. Con anterioridade, na revisión de arquivos para o meu documentario Liste, pronunciado Líster (2007) localicei e usei fragmentos de Ispanja (Esfir Shub, 1939) tirados de Galicia, entre os cales secuencias mariñeiras. Así, un novo filme, Líster, deviña un documento para peneirar o rastro que por camiños múltiples a película desaparecida fora deixando. Pendentes de atopar Por unha nova Galicia (Ramón Barreiro,1933), o filme de Velo segue a ser o referente dunha escolla autoral que fai do cinema un obxecto capaz de expresar e operar como construtor dunha nova visión sobre nós mesmos, inmersos, xa, no século da "paixón polo real" e da arte de masas coa xusteza dun movemento de cámara, o ritmo interno dunha secuencia, o retrato angulado que fala a linguaxe do dispositivo, a duración dun plano ou o que percibimos entre dúas imaxes.

A maior abondamento, de observarmos Galicia a partir de indicadores contemporáneos, a fita serve de modelo para un cinema galego nacional: na representación das relacións sociais, a presenza do imaxinario nos rituais, a lingua, neste caso presente nas cantigas, ou a inscrición de lugares que descodificamos como sinécdoque do territorio, territorio que nesta peza mestra expande as súas ás para alén dos castros, dos cons, da terra e do mar, ate o país-paisaxe. Preto de outras prácticas que talvez para Velo comezaron coas leccións de xeografía de Otero Pedrayo e chegaron a nós con Río Barxa e cos poemas-materia de Uxío Novoneyra, a paisaxe —coma o cinema— é ao mesmo tempo a emoción e o sentimento desa paisaxe, que existe porque alguén olla para ela.

O real en imaxe, a verdade de cada material ateigando a pantalla de anguías ou de mazarocas tal e como reclama a Nova Obxectividade, son unha das constantes no Velo de Galicia que fai do inserto un efecto de eterno presente e do movemento no interior do plano. A demostración de que ningún outro aceno pode imitar o dos dedos do gaiteiro no punteiro ou o da cabeciña da bebé mamando. O cine como obxecto artístico capaz de facer ver toma corpo en Galicia, unha fita á que lle poderíamos transferir o que di Zé Manuel Costa a propósito dun documentalista, Flaherty, que Velo sempre amou. Tamén ele, cos seus ollos á espreita, procurou que o mundo fluíra para o interior da cámara: "E son estes ollos e esta cámara quen, á custa de tanto veren, acaban por nos facer ver a nós".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_