_
_
_
_
_
Reportaje:Luces

Os papeis ciscados da emigración

Milleiros de documentos agardan un tratamento axeitado en Buenos Aires

Se unha das cousas fundamentais para definir un pobo é a súa memoria, Galicia ten un problema. En Buenos Aires, a capital galega do exilio, poden atoparse de xeito esparexido milleiros de documentos que constitúen a base dende a que se podería construír un dos capítulos máis importantes da historia política e cultural galega do último século.

O feito de que se atopen localizados non significa que resulte sinxelo acceder a eles. Domicilios particulares, centros sociais, bibliotecas e o Museo da Emigración Galega son os lugares onde debería procurar un investigador que desexase reconstruír a apaixonante historia do exilio galego en Arxentina. O problema é que tería moitas dificultades para atopar algunha orde nuns arquivos que foron construídos por acumulación e que requiren moito traballo e medios humanos para ser clasificados.

Más información
A memoria do exilio vive nun piso porteño
O almacén sen fin do MEGA

Un bo exemplo do estado desta memoria escrita dos exiliados é o que acontece co importante arquivo que se atopa na casa do empresario, intelectual e galeguista Manuel Puente, un nome fundamental para entender como comenzou a construirse a nova Galicia que xurdiu na capital porteña. O seu domicilio particular, habitado na actualidade pola súa filla octoxenaria e o marido desta, é un museo en si mesmo onde se atopan documentos de gran valor histórico xunto a exemplares únicos de libros e fotografías que deixan constancia da presenza nesa casa de grandes figuras da política e a cultura galegas no exilio. O destino deste importante arquivo será incerto cando os actuais ocupantes da casa deixen de estar alí.

No Museo da Emigración Galega (MEGA) o problema non é tanto de espazo senón máis ben de recursos para poder clasificar os milleiros de documentos que os distintos centros galegos e persoas particulares foron deixando para o seu almacenamento. Ata o Centro Republicano Español entregou os seus fondos completos ao museo cando se produciu a súa desaparición. As boas intencións non semellan suficientes para clasificar como se debería un conxunto de documentos desta importancia.

Mentres que en Galicia abren as súas portas inmensos contedores culturais supostamente preparados para albergar e clasificar documentos de todo tipo, aínda que ás veces sen unha función definida, na Arxentina amoreanse os problemas para conservar axeitadamente unha parte tan importante da historia deste país.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Quizáis o que falte sexa diálogo e máis colaboración entre ambas as dúas beiras do Atlántico para lograr a conservación e ordenación destes arquivos, que corren serio risco de esquecemento. Un luxo que Galicia non se pode permitir.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_