_
_
_
_
_
Tribuna:Luces
Tribuna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las tribunas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

A vixencia de Dürrenmatt

Dende que hai unha sociedade organizada exitiron sempre dúas clases de actuación cívica ou cívico-política. Unha, a que se limita a xestionar a situación existente, outra, a que trata de modificala nun senso progresista. De non termos forcexado co que nos viña dado, de asumírmolo fatalmente, o xénero humano non progresaría xamais. De non ser polo esforzo secular dos loitadores pola emancipación humana, mesmo todos os líderes reaccionarios que nos son contemporáneos aínda levarían unha argola de escravos e traballarían na construcción de pirámides alleas.

Por suposto, Xesús Campos, o noso Chichi, pertenceu sempre, e ata o día da súa marcha, a este segundo grupo. Radical no exercicio da súa liberdade, lúcido no seu compromiso político e vital, transgresor impenitente, provocador que a todos facía reflexionar, demoledor coa pluma e a palabra, era capaz de resumir nunha caricatura o que a políticos ou a científicos lles leva moitas páxinas de sisudas reflexións.

Más información
Queremos tanto a Chichi

Dicía Mark Twain (e Castelao n'Un ollo de vidro) que detrás dun humorista hai sempre unha gran dor, por iso no ceo non hai humoristas. Creo, contra a opinión de algúns amigos, que esa reflexión do grande escritor estadounidense non se lle pode aplicar de ningunha maneira a Chichi. Aínda, claro está, que cando se loita pola xustiza necesaria fronte ás inxustizas evidentes, é difícil non pasar horas baixas nas que, segundo a socorrida frase de Gramsci, só o optimismo da vontade pode facer fronte ao pesimismo da intelixencia. Pero Chichi non se deixou seducir nunca por falsas ilusións, porque tivo moitas oportunidades para poder constatar a terrible vixencia da frase que hai xa moito tempo pronunciou o personaxe de Dürrenmatt: "Que tempos estos nos que hai que loitar polo que é evidente!".

Pero se algún feito define a auténtica categoría de Xesús Campos é sen dúbida o espertar en todo o mundo agarimo e tenrura, malia a que a súa indiscutible perspicacia incisiva e o seu acento afiado non deixou monicreque con cabeza. Con Chichi, a creación artística libre, a incómoda, a que pon o dedo na máis dolorosa chaga ten cumprido, unha vez máis, coa súa impagable función social e moral. Pero Chichi fixo todo isto de forma intelixente, xenerosa e sen ferir a ningúen.

Finalmente, agora que tanta xente estamos empeñados en recuperar a memoria e restablecer a verdade histórica, non se pode comprender a Chichi sen facer mención do seu universo cultural e do seu compromiso político, que mantivo ata o último alento. En efecto, Xesús Campos ingresou na Xuventude Comunista Galega alá polo ano 1972, compartindo militancia con persoas como Angel Ezama, Xosé Abad, Xoana Rodríguez, Xesús Heredero, Celsa Díaz Cabanela, Juanci Fernández..., entre os que se estabeleceu unha relación que, ao cabo, sería indestructible. Eu coñecín a Chichi naquela época e mantivemos unha permanente relación que non só se baseou nos comúns ideais políticos, senón, e sobre todo, nunha profunda amizade que durou ata o final. Falamos moitas veces, e con moita sinceridade, da loita antifranquista, da Transición, da que foi un agudo observador, e dos proxectos para construír unha Galicia moderna. Coñecía ben, pois, as súas ideas e profundas convicións. É posible que Chichi, como tantos outros mozos da época, entrara na Xuventude Comunista e no PCG porque eran as organizacións realmente combatentes contra a ominosa dictadura franquista. Pero é moi evidente que se identificou pronto e plenamente coa política e cos valores que defendía entón o PCG.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Eu recordo a Chichi Campos defendendo con verdadeira paixón a reconciliación nacional fronte os intentos do Réxime de manter a divisón dos españois entre vencedores e vencidos; non con menos entusiasmo asumiu a defensa da democracia como base ineludible de calquera proxecto de transformación social; calquera que sexa fiel a súa biografía recordará tamén o seu compromiso cos dereitos e as conquistas sociais; co mesmo ardor reivindicou a autonomía de Galicia, tanto fronte a dereita centralista como a certa sedicente esquerda, consciente de que o Estatuto desenvolvería a conciencia do país, dotaría a Galicia dun importante poder político e o autogoberno deixaría de ser patrimonio de minorías ilustradas para ser asumido polo conxunto da ciudadanía. Por fin, Chichi Campos foi un entusiasta europeísta, convencido de que non existía futuro para as diferentes nacións europeas sen un proxecto político común. Compartiu con Altiero Spinelli o seguinte e precoz diagnóstico: "Europa, unidade ou decadencia".

Estes principios políticos e culturais están presentes en toda a súa obra publicada e non publicada, nos seus artigos, nos numerosos actos públicos que protagonizou, en definitiva en toda a súa inxente achega artística e intelectual. Recuperar a memoria de homes como Chichi non significa só saldar unha débeda contraída cos loitadores antifranquistas coma el, hoxe inxustamente esquecidos e marxinados no noso país, senón que é unha esixencia política de primeira orde para configurar o futuro democrático de Galicia e de España. Por iso, querido Chichi, desde este mundo convulso que abandoaches, moita xente te recordamos, con amor.

Anxo Guerreiro foi secretario xeral do Partido Comunista de Galicia entre 1979 e 1983 e deputado por esa organización no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1985.

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_