_
_
_
_
_
Luces
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

O acto

Coa asisténcia do conselleiro, inaugúrase no Hostal a exposición antolóxica de Colmeiro, que ven encher un valeiro desde a última de Laxeiro e despois da reivindicación de Cebreiro. Acuden todos, invitados ou achegados aos destinatários da invitación: Piñeiro, Barreiro, Lueiro, Serafin Cordeiro, Peleteiro, Granxeiro, Lois Celeiro e tamén Pexegueiro. O pintor ferrolán Loureiro e máis o vigués Lodeiro, xente de Viveiro e da terra de Leiras Pulpeiro, concellais como Remeseiro, o doutor Cabaleiro Fabeiro e para filmalo todo, Ajexandre Cribeiro. Entre os asistentes, cos vasos mediados de ribeiro, o alcalde Groveiro departe co libreiro Xesús Couceiro. Máis alá Lois Pereiro recítalle o seu último poema a Anxo Teixeiro quen intenta acadar pautas interpretativas entre Cunqueiro e Celso Emílio Ferreiro. Anda, tamén entre canapés, Rodríguez Maneiro, departindo co entrenador Cerqueiro, atento aos movimentos do deputado Liñeiro, quen discute acaloradamente co fotógrafo Xaneiro na preséncia de Carlos Rodeiro, baixo a ollada atenta de Celestino Cacheiro. Circunspecto, nunha esquina, o humorista Pepe Carreiro caricaturiza ao médico ourensán Palleiro. O meu colega Buxeiro, acompañado de Antón Lamigueiro oferécelle un canapé de anchoa a Tantin Mosteiro.

Más información
Queremos tanto a Chichi

Distante eu, pola arrítmia patronímica, apuro o meu ribeiro e voume. Resúltame todo algo trapalleiro e decido pasar o fin de semana no Barqueiro.

O semanario A Nosa Terra publicou este artigo o 22 de febreiro de 1984

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_