_
_
_
_
_
Columna
Artículos estrictamente de opinión que responden al estilo propio del autor. Estos textos de opinión han de basarse en datos verificados y ser respetuosos con las personas aunque se critiquen sus actos. Todas las columnas de opinión de personas ajenas a la Redacción de EL PAÍS llevarán, tras la última línea, un pie de autor —por conocido que éste sea— donde se indique el cargo, título, militancia política (en su caso) u ocupación principal, o la que esté o estuvo relacionada con el tema abordado

Cando alguén sexa Risco

Cando alguen sexa Risco, daquela estará á súa altura para polemizar coel. Mentres, só imos sofrir miudas cantinas inofensivas dos ananos que coidan ser David. Ata o venres 18 de marzo, a páxina asinada por Suso de Toro na edición galega de EL PAÍS non sobrepasaba unha anécdota máis, serodia e insignificante, dentro do enferruxado exercicio de obediencia a dogmas partidarios. Ata o pasado 18. Porque daquela o diario adicou as dúas páxinas centrais do caderniño ao mal chamado debate arredor de Risco, mais non a recoller opinións, senón como pretendida información a cargo dun redactor. En momento algún dese traballo se fai referencia á Fundación Vicente Risco, con sede en Allariz, onde está aberta a casa-museu do mestre. Non só iso, senón que ningún membro da Xunta de Goberno, presidida por María Xesús Martínez-Risco, tivo a oportunidade de expresar a súa opinión. Isto, francamente, non é serio nin profisional nin éticamente. Porén a Fundación decidiu manter a súa postura decote, sen respostar institucionalmente a xuízos de valor de raíz ideolóxica, pois respecta escrupulosamente a liberdade de expresión. Sen prexuízo de se reservar todos os medios legais perante eventuais imputacións de feitos incursos en calunia ou inxuria.

Malia estas consideracións, o que subscribe, a título persoal mais tamén na súa inseparábel condición de vicepresidente da Fundación, remesa por segunda vez un texto sobre o asunto. E digo por segunda vez, xa que na primeira enviou unha Carta al director, aténdose ás normas da sección, en lingua galega, a cal non foi merecente de publicación. Nela aducía unha serie de comentarios a propósito do autor da Teoría do nacionalismo galego, coa fin de deixar moi claro que nunca foi fascista; nunca se beneficiou, nin directa nin indirectamente, do Réxime de Franco; nunca formou parte do Movimiento, nin fixo contribución algunha ás arcas do sistema. Certamente tomou partido no enfrontamento co materialismo marxista, e mais caeu na trapela do maniqueísmo dos tempos, perlongados na Guerra Fría, o mesmo erro que, pola outra banda, cometeron numerosos intelectuais de sona, servís ao estalinismo. Engadía que as delirantes afirmacións de De Toro -no artigo titulado Tráxico bufón, intruso pertubador - constituían a única e verdadeira bufonada deste caso.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_