_
_
_
_
_
Entrevista:CELIA TORRES | Directora de Promoción de Xerais | Luces

"A implicación do Ano Lois nunca a vira"

A principal manifestación cultural de 2011 é, para a directora de Promoción de Xerais, o Ano Lois e todas as súas bisectrices. "Nunca vira manifestacións de persoas, pancartas incluídas, implicadas na recuperación da figura das Letras. Con Lois chegou a modernidade ao 17 de maio".

Destaca tamén Di Elas, o disco da banda homónima que lideran Piti Sanz e Luís Tosar. "Admiro a Tosar por ser un galego de éxito orgulloso de ser galego". Mirando para o que virá, anuncia Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. A primeira novela do autor dirixida ao público adulto leva unha mensaxe "de esperanza na recuperación da dignidade humana". No seu sector, a trécola da crise dificulta aínda máis a distribución. "Ademais dos recurtes públicos, o negocio da cultura está sometido á falta de fluidez do diñeiro que parte dos bancos. Iso estrangula as librarías, sobre todo as pequenas, e a un tempo a distribución do libro galego, xa de seu difícil".

Más información
A colleita da cultura, antes das Letras
Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_