_
_
_
_
_
Luces

"As forzas progresistas temen molestar"

Tras 17 anos de programador cultural na Estrada, Jorge Armesto decidiu deixalo. É optimista, no que ten que ver coa xente das 51 parroquias estradenses: "Non hai política cultural que mereza tal nome, agás en concellos concretos. O que hai é unha suma desmacelada de eventos onde a única utilidade é a autoxustificación. Existir por existir". Ao desinterese cultural da clase política el chámalle "desprezo". "Non é un fallo do modelo cultural, é que non hai ningún modelo. A ninguén lle interesa, nin senten que a sociedad llo demande".

Impulsor de iniciativas coma o Marzopop, o Rock&Clown ou o Carpactiva, onde se xuntaron Nacho Vegas e Leo Bassi, Urge Overkill e bandas de country pop parafrasa ao lingüísta George Lakoff. Faino para explicar por que cos alcaldes do PP non había cursiños de preparación matrimonial no teatro da vila e co PSOE si: "A esquerda sempre cre que goberna por casualidade nun país de dereitas. A realidade logo non é así, pero todos, PP e PSOE, non tanto o BNG, comparten o diagnóstico que converte a poboación rural nunha caste de semiimbéciles só aptos para gaiteiradas, pachanga e bandas de música. Cando un programador propón outra cousa enfróntase con negativas riseiras. Xa logo consegues desenvolver algún proxecto, aínda trivializado, e atópaste cunha poboación desexosa de novas experiencias". Neste estadio das cousas, con casas da cultura e piscinas baleiras, "cando goberna a dereita, inviste menos ou nada, porque o control social caciquil non necesita diversións. E cando gobernan as forzas progresistas, a programación é dunha banalidade infantil, por non querer azougar os principios do conservadurismo rancio, ao parecer eternos. Temen molestar".

Carpactiva, que ao final deu en funcións de circo ambulante, foi no inicio un proxecto de intervención continua no rural. "Divulgación científica, descoberta doutras realidades sociais e creación de vínculos entre núcleos poboacionais. Tardei 19 meses en convencer ao concelleiro, e logo quedou no que quedeou". Válelle para xustificar o traballo: "Iso foi mellor cá nada anterior. É a metáfora do noso traballo".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_