_
_
_
_
_
Luces

Un anfiteatro para o burato do Gaiás

Máis alá dos erros que sen dúbida cometeron algúns arquitectos para contribuír ao espallamento do feísmo polo país, a imaxe do colectivo viuse tamén moi afectada polo que aconteceu coa Cidade da Cultura. O proxecto de Peter Einsenman é o exemplo do desastre ao que conduce a combinación dunha mala decisión política cos delirios de grandeza dun arquitecto estrela.

"Tamén houbo algo de mala sorte", sinala Carlos Quintáns, "porque o certo é que Einsenman nunca conseguiu finalizar unha obra de xeito correcto e no caso do Gaiás o proxecto fóiselle das mans". O arquitecto coruñés di que o ruído mediático que rodea a Cidade da Cultura está a ocultar outras realidades máis pequenas, pero que teñen consecuencias moi importantes. "Por desgraza, hai veciños que cun investimento de 3.000 euros destrúen cousas na paisaxe", engade.

Más información
O 'mea culpa' dos arquitectos

José Valladares aplaude a decisión de paralizar as obras no complexo do Gaiás, malia que considera que non se pode deixar o burato que ía ocupar o non nato Teatro da Música nas actuais condicións. O certo é que se non se atopa algunha solución, a impresión que levarán os visitantes é que se trata dun recinto en permanente estado de construción. "Quizais unha boa solución sería habilitar un espazo de concertos ao aire libre, un anfiteatro. En xeral creo que a decisión debería ir na liña de apostar pola reintegración paisaxística. Deste xeito, o que agora pode parecer malo se cadra acaba sendo bo", sinala o arquitecto do estudio RVR.

Valladares contrapón o proxecto arquitectónico desenvolvido por Peter Einsenman no Gaiás ao realizado polo aro holandés Rem Koolhaas na Casa da Música de Porto. "A Cidade da Cultura inaugurouse hai moi pouco tempo e xa quedou vella, mentres que o edificio de Koolhaas leva anos funcionando perfectamente e ten un público consolidado", apunta Valladares.

A pregunta é se paga a pena seguir realizando investimentos, aínda que non sexan tan grandes como os feitos ata o de agora, para conseguir o obxectivo de que o Gaiás teña unha aparencia máis humana. A actual situación de obra inacabada tampouco beneficia a mellorable imaxe pública do complexo.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_