_
_
_
_
_
Luces

Murakami presentará a súa última novela en Santiago

O novelista xaponés Haruki Murakami estará o mércores en Santiago de Compostela. A edición en galego da súa última obra, Do que estou a falar cando falo de correr, e a recollida do premio San Clemente 2007, outorgado polos alumnos de catro institutos de Galicia, sérvenlle de escusa ao célebre narrador nipón para visitar, por primeira vez, Galicia. Logo de Tras o solpor, publicada en 2008, Do que estou a falar..., tamén no prelo de Galaxia, sae en galego antes que nas outras linguas peninsulares.

A novela relata as experiencias do autor como corredor de maratóns e, segundo explican na editorial, "sobre o seu traballo como novelista". Murakami, nado en Kioto hai 60 anos, non se estreou na práctica literaria té 1979, con Ouvir o vento cantar. Antes, rexentara un local de jazz e daquel tempo aparecen pegadas nos seus libros: o protagonista de Ao sur da fronteira, ao oeste do Sol (1992) tamén gaña o soldo ofrencedo un escenario ás bandas de jazz de Tokyo.

'Do que estou a falar...' sae en galego antes que nas outras linguas peninsulares

Do que estou a falar cando falo de correr recolle o título do escritor estadounidense Raymond Carver (1938-1988), de quen Murakami verteu ao xaponés a obra completa. A conexión vai alén da tradución e, por veces, os personaxes do autor de Kafka na beiramar (2002) arrímanse aos deambulantes da white trash [brancos de clase traballadora] de Carver. Haruki Murakami tamén facturou versións xaponesas de Francis Scott Fitgerald e John Irving. O seu Do que estou a falar... aparece en galego da man de Mona Imai e Gabriel Álvarez Martínez. O Casino de Santiago de Compostela acollerao o vindeiro mércores ás oito do serán.

No capítulo de traducións, Rinoceronte Editora, que vén ralentizando a súa produción nos últimos meses, coloca nas librarías O tradutor cleptómano, do húngaro Dezso Kosztolány (1885-1936). "O grande escritor húngaro e probabelmente un dos máis influíntes en Centroeuropa", afirman na casa editorial. A escolma de relatos traduciuna Jairo Dorado Cadilla, quen xa se encargara, para a mesma editora, de poñer en galego a un grande da literatura iugoslava, Ivo Andric, e A ponte sobre o Drina.

Eva Almazán, a responsábel das versións de Paul Auster, traballou esta vez sobre a novela emblemática de Doris Lessing, O caderno dourado. Premio Nobel de 2007, a inglesa Lessing publicou en 1962 a historia dunha muller que se conta a si mesma "para descubrir quen é" e que lle valeu a fama na paisaxe literaria da época. A editorial Galaxia atópase detrás da edición.

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

O museo da inocencia titúlase a recente novela do turco Orhan Pamuk (1950). Só dispoñíbel en alemán, amais de en turco, Bartug Aykan e María Seisdedos asinan a tradución en Galaxia.

O escritor xaponés Haruki Murakami.
O escritor xaponés Haruki Murakami.AP

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_