EL PAÍS 11/07/2008
A editorial Ir Indo presentou en Santiago de Compostela a versión electrónica da Enciclopedia Galega Universal. Dende onte, as 200.000 entradas, 20.000 ilustracións e 100 millóns de caracteres da EGU están dispoñíbeis no enderezo www.egu.es. O director de Ir Indo e do proxecto enciclopédico, Bieito Ledo, salientou durante o acto de presentación que "a EGU demostra que se pode pensar e vivir como galegos e que cada vez é máis rendíbel", informa Europa Press. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Senén Barro, acompañaron a Ledo na apertura da nova web.
A Enciclopedia Galega Universal acolle en Internet os 16 volumes da edición física, posta en marcha a finais dos 90. Léxico xeral, biografías, xeografía, cartografía, ciencias biolóxicas, ciencias físicas e exactas, tecnoloxías, ciencias sociais e humanidades, lexislación, xurisprudencia, empresas e finanzas son as categorías nas que a EGU divide os contidos. "Estes contidos están adaptados á poboación cega e todas as entradas contan con audio", explicou Bieito Ledo. A páxina incorpora tradutor automático a castelán, inglés e portugués e, segundo o seu director, ampliará os idiomas ao francés e ao alemán.
"Trátase dun novo xeito de entender a enciclopedia universal", manifestou o historiador Ramón Villares. Para o reitor compostelano, Senén Barro a EGU contribuirá "a presentar o mundo ao mundo con ollada galega".
O vicepresidente Anxo Quintana asegurou que o traballo de Ir Indo permitirá "falar de Galicia e do mundo en galego". "[A EGU] dá contestación á falta de contidos en galego da Rede", engadiu, "e será pioneira, marcará un antes e un despois na presenza do país na sociedade da información e na procura de normalización cultural". Quintana referiuse aos "estudios que constatan a falta de contidos en galego na Rede".
A Consellería de Innovación e Industria, presente no acto mediante a directora xeral de Sociedade da Información, Helena Veiguela, é o principal soporte financeiro da páxina electrónica da Enciclopedia Universal de Ir Indo. "A través do Plan Galego da Sociedade da Información", relatou Veiguela, "destinamos 60.000 euros á compra de licencias para a EGU".
¿Qué es esto?Compartir:
Puedes utilizar el teclado:
Texto
- 11-07-2008| Hora | Noticia |
|---|---|
| 05:51 | Explota un contenedor de petróleo en una refinería de Xinjiang |
| 03:08 | Peirsol vuelve a volar de espalda |
| 02:42 | RAMÓN |
| 02:40 | ERLICH |
| 02:30 | Cheney ocultó al Congreso estadounidense un plan antiterrorista de la CIA |
Encierro limpio de la ganadería de Dolores Aguirre