_
_
_
_
_
Entrevista:XOSE LUÍS BARREIRO | Profesor de Ciencia Política na USC | LUCES | AS LETRAS E AS IDEAS

"Este país está cheo de parvadas ditas en galego"

O primeiro que se lle ocorre a Xosé Luís Barreiro Rivas, postos a falar do estado do pensamento no país, é "pensamento cativo". "A xente que sabe dos temas importantes cóntacho nunha cea privada", di. "Precisamos xente valente, sen pánico ao poder".

O politicólogo de Forcarei séntese "cómodo" na literatura clásica galega. "Otero, Risco, Castelao... Malia que o pensamento galego, na súa maior parte, non se adapta ao momento actual". Neste punto fala do "inxustamente esquecido" Lois Peña Novo, cuxa obra compilaron Xusto Beramendi e Manuel Roca, e dos escritos sobre galeguismo e republicanismo de Aureliano Pereira, reeditados agora por Ramón Máiz.

Sobre a cuestión do idioma escollido para expoñer o pensamento, Barreiro repite que o único castelán que aplica é o dos artigos xornalísticos: "A defensa do galego é fundamental, pero considero que os obxectivos da miña columna de La Voz de Galicia se defenden mellor en castelán". Segundo di, "non se pode eivar a metade do país". E segue: "Este país está cheo de parvadas ditas en galego. Iso contribúe á normalización, pero a partir de certo momento xa non. Teriamos que ser moi críticos coa forma en que a discriminación positiva do idioma prima ás veces algunhas publicacións sen valor substantivo".

"Non hai una reflexión sobre o país desde un pensamento propio. A praxe política é como a de calquera autonomía"
Más información
A escrita como intervención

Catalizador da Alianza Popular que acabou sentando coas demais forzas políticas nos Pactos do Hostal (1980), e futuro elo perdido da dereita galeguista, Barreiro interrógase n'A terra quere pobo (Premio Ramón Piñeiro 2003) se os galegos temos vontade política "para facer todo o que nos é posible". Preguntado polo ámbito do posible despois do cambio de Goberno, o ex vicepresidente da Xunta cínguese ao plano institucional. "Se pensamos no que está pasando en San Caetano, está claro que non había un programa político diferente ao do PP. Non hai unha reflexión sobre o país feita desde as súas necesidades e cun pensamento propio". "A praxe política" sinala, "é como a de calquera comunidade autónoma". A culpa, nun país onde os birretes "xamais xeraron unha soa frase política", segundo ten dito, xúlgaa con pluralidade. Falando do Estatuto: "Non se podía deixar de contar co principal partido de Galicia". Aínda que o PP se presentase "sen proposta propia" e sen arroutos para modificar a dinámica estatal, "ao revés que nos Pactos do Hostal".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

No ámbito político do posible había colocar Barreiro "unha auténtica renovación dos valores e dos obxectivos". "Non se está dando unha loita feroz contra o modelo localista de investimento e programación de servizos, nin unha interpretación do territorio nin dos nosos modelos de comunicación", di. "Nada". Sobre a posibilidade dun certo paternalismo na consideración da masa cívica galega, precisa: "O pobo non asoma por agora como protagonista da acción política. Esta segue sendo unha acción alimentada de recursos externos da que todo o mundo busca tirar proveito".

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_