_
_
_
_
_
Luces

A colleita da cultura, antes das Letras

Doce figuras vencelladas á actividade artística escollen o mellor do último ano, dende o anterior 17 de maio - Entre os destaques, Mercedes Peón e Emilio Araúxo

"Nunca vira manifestacións de persoas implicadas na recuperación da figura das Letras", observa Celia Torres. Para a directora de Promoción de Xerais, "con el chegou a modernidade ao 17 de maio". É a pluralidade na expresión -e na celebración- do Ano Lois o feito cultural máis repetido nos destaques de 2011, que, como cada no, fan 12 figuras da cultura galega a preguntas de EL PAÍS.

No que vai entre o Ano Novoneyra e o 17 de maio en curso, coa industria cultural en estado de estupefacción ou seria parálise, poucos títulos se repiten. O que máis é un delicado volume, pensado para fixar na memoria as esculturas-baliza que ergueron os pastores da Serra de Queixa. N?As sete caras da pedra. Estantes da serra de Queixa (Toxosoutos), o filósofo Emilio Araúxo asina as fotos e o poeta Claude Royet-Journod ponlle letra a todas esas pedras chairas -escribe- "que se erguen como pregarias, libros amoreados para unha lectura futura e improbábel".

Más información
"Vivimos tempos de ruindade e abandono"
"Cómpre reaxir contra quen afoga a disidencia"
"A crise serve para disimular a falta de interese"
"Sen apoio, o traballo fica arrombado"
"A implicación do Ano Lois nunca a vira"
"A ferida na lingua vai ser difícil de curar"
"O que está en crise é a política cultural do PP"

Tamén chaman ao voto SÓS, o cuarto disco de Mercedes Peón, canda o poemario de Andrea Nunes Brións Todas as mulleres que eu fun, ou a produción derivada do 50º aniversario da publicación en Bos Aires de Memorias dun neno labrego. No apunte específico da crise, medra a creación afastada do eventismo. Xavier Moreda fala de pos-petereisenmanismo para definir o momento actual: "Xa non teñen fondos para continuar secuestrando a cultura. Eis a parte positiva". Xa pode pesar a crise, vén a dicir o novelista ferrolán Mario Regueira, que sempre haberá xente disposta a traducir as memorias de Bobby Sands, o preso do IRA Provisional morto en 1981 tras unha folga de fame (Um dia da minha vida, en Estaleiro Editora). Por voluntarismo, porén, ninguén salva a política cultural do Goberno galego. Agustín Fernández Paz, que pronto ha publicar Non hai noite tan longa, esmiuza unha "estratexia do bonsai": "Encádrase dentro dunha política máis ampla, orientada a atallar as posibilidades de expansión da nosa cultura".

Lo que más afecta es lo que sucede más cerca. Para no perderte nada, suscríbete.
Suscríbete

Regístrate gratis para seguir leyendo

Si tienes cuenta en EL PAÍS, puedes utilizarla para identificarte
_

Archivado En

Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
Recomendaciones EL PAÍS
_
_